Innovando con tecnoloxía punta

En iChip facemos uso das tecnoloxías máis vangardistas á hora de realizarmos os nosos desenvolvementos web. Somos conscientes de que empregamos o móbil máis horas ao día que o ordenador, polo que poderás dispoñer dos nosos produtos en calquera dispositivo intelixente: non lles poñas barreiras aos teus empregados nin aos teus clientes!

Coñécenos

  • Conectamos contigo

    Esforzámonos para obter o mellor produto posible e cremos que revisar cos nosos clientes o seu proxecto ao detalle é a clave para conseguirmos xuntos un resultado óptimo.

  • Responsive

    O teu desenvolvemento poderase visualizar en calquera dispositivo electrónico: non queremos que perdas nin unha soa oportunidade de negocio!

  • Aforro de custos e tempo

    Propómosche varias solucións e sempre che recomendamos que optes pola máis sinxela e económica.

  • Seguridade

    Adaptámonos a todo tipo de situacións e traballamos cos contornos máis seguros e estables do mercado: todo estará baixo control!

  • Optimización

    Todos os nosos produtos están concibidos co fin de poder ser mellorados ou actualizados se así se require.

  • Soporte técnico

    Cando rematemos co teu proxecto, poderás contratar un mantemento, o que che proporcionará unha maior seguridade e flexibilidade, xa que seguirás contando cos nosos servizos: déixao nas nosas mans!

Os nosos clientes aválannos

Servizos

En iChip vendemos dispositivos e periféricos. Tamén realizamos reparacións, así como desenvolvementos web e aplicacións, dándolle forma a calquera idea dos nosos clientes.

Contacto

Enderezo
Rua Rosalía de Castro N8 • Pontevedra, ES 36001 • España
Teléfono
(+34) 986 109 394
Email
pontevedra@ichip.es